7 de enero de 2013

Rústica


A nosa “lingua rústica” vive porque aínda temos moito que decir nela.

Castelao. 
     

5 de enero de 2013

Santiago Fisterra


Todos os tópicos limitan. Necesarios é certo, pero tamén inxustos. E disto, algo sabemos os galegos e as galegas.


O caso é que lin por estes días do verán austral La reina del sur, novela de Arturo Pérez Reverte, na que un galego é un dos protagonistas.

A historia ten máis dunha década, de xeito que pouco descubro se digo que fala dunha lendaria muller nada en Sinaloa, México, que fora parella de dous narcos e que remata ocupándose ela mesma deses negocios en Melilla, España.

Nesa vida na que sobran os perigros e a intensidade, Santiago Fisterra é a parella da protagonista nos seus primeiros anos en Melilla. E como compañeiro, apréndelle ademáis os segredos do tráfico cara a Europa, algo que vai ser determinante no resto da trama.

Co tempo, a novela de Reverte deu de si unha teleserie en España e unha telenovela en América (atendendo áos consumos culturais de cada sitio) da que moito se falou. E, nunha coma na outra, Santiago Fisterra aparece construido coas mellores cousas que os tópicos atribúen aos nosos.

Velaiquí como é presentado para o público do culebrón: «Santiago Fisterra // Joven gallego de origen humilde. Excelente conductor de lanchas rápidas. Guapísimo, serio, callado y pensativo, pero apasionado y valiente. Se enamorará de Teresa y le enseñará todo lo que sabe sobre el narcotráfico, lanchas rápidas y navegación».

Por riba, para a televisión foi protagonizado por “un guapo”.

Pois iso. Non estamos destinados a ser sempre os brutáns, os feos, os ignorantes. Nin son os nosos escritores os únicos que poden ver como somos de plurais e de complejos. Todos os tópicos limitan e son inxustos. Tamén os bos. Pero qué ben que se sinten…